EXTRACTOS E OLEATOS

OLEATO DE CALÉNDULA   Calendula officinalis L.                                                  

        A caléndula florece durante todo o ano, e a colleita das flores será máis efectiva nos días soleados e secos de xuño e xullo (1).

         Propiedades: Efectiva fronte ó acné e afeccións cutáneas, peles agrietadas ou rugosas. Prevén o resecamento da pel (2). Activa a circulación sanguínea, é antiséptica, cicatrizante, emoliente (1). Serve para tratar inflamacións cutáneas leves por queimaduras solares. Tamén é boa para a inflamación leve de boca e gorxa (3). Ademáis, hai estudos científicos que apuntan a unha actividade antitumoral e de proliferación linfocitaria, in vitro, tras o tratamento de cultivos de células tumorais con extractos acuosos de caléndula (4).

         Extacción: un oleato consiste en macerar unha parte da planta: talo, folla, flor… nun medio oleoso coa intención de extraer tódolos compostos solubles en aceite, do interior dos tecidos da planta. Según a planta, convirá facelo dun xeito ou outro.
En termos xerais, énchese un bote limpo, desinfectado con alcohol e seco, coas flores de caléndula. Neste caso, será mellor usar as flores secas, para non aportar auga ó macerado. Énchese ó máximo o bote coa flor seca. Sería interesante pesar a cantidade de flores que metemos. A continuación engadimos o aceite vexetal: de améndoas, xirasol (NON REFINADO), de oliva, ata cubrir as flores.  Tamén se pode pesar a cantidade de aceite engadido. Así saberemos a proporción flor:aceite coa que traballamos. Sóese recomendar non deixar aire para evitar a oxidación do oleato, pero eu nunca consigo facer vacío, e non se me oxidou. Ásí, ás propiedades da caléndula, sumaranse as do aceite vexetal usado. Péchase o bote e deixase ó sol durante 4 semanas ou 40 días aproximadamente, deixando que a enerxía solar quente e axite os fluidos a través do interior da planta. Podemos axudalo nós, axitando 2 ou 3 veces ó día. Seguidamente fíltrase o macerado cun colador de tela e exprimimos ben o fluído, para aproveitalo ó máximo. Almacenalo protexido da luz.



* A información deste blog é meramente informativa, para calqueira dúbida, consulte cun especialista.

Bibliografía
1. J. Fernández-Pola. Cultivo de plantas medicinales, aromáticas y condimenticias. Barcelona.
         2. Dominique Baudoux. Por una cosmética inteligente. Aceites esenciales y vegetales. 2014. Tomiño, Pontevedra.
         3. Official Journal of the European Union. Commission decision of 28 July 2009.
    4. Eva Jiménez-Medina et al. A new extract of the plant calendula officinalis produces a dual in vitroeffect: cytotoxic anti-tumor activity and lymphocyte activation.



   Tamén é coñecido como herba de San Xoán, xa que a mellor época para colleitala é finais de xuño, cando os principios activos se atopan en maior concentración (1). A herba de San Xoán recoñécese polos puntos que se observan a trasluz nas súas follas, semellando perforacións, que lle dan o nome de “perforatum”(Figura 1).
Figura 1: Foto a trasluz dunha folla de H. perforatum na que se poden observar os buracos que son en realidade bolsiñas que conteñen os aceites bioactivos.

Propiedades: Ó macerado de hipérico atribúenselle propiedades vulnerarias e de rexeneración da pel tras sufrir queimaduras leves, é calmantes para as picaduras de insectos, tamén é antiinflamatorio e antioxidante(2,3, 4). Dende fai moitos anos, estase a estudiar esta planta para o tratamento contra a depresión (5, 6).
Precaución: fotosensible, evitar usalo previamente á exposición solar.

         Extracción: de igual xeito que o oleato de caléndula, temos que maceralo durante 4 semanas ou 40 días ó sol, ata obter un aceite vermello. Neste caso, convén usar as follas e flores da planta fresca, non seca, para aproveitar ó máximo os beneficios desta planta, que de secala se verían reducidos. Ademáis, a época na que se colleita, finais de xuño, é unha época soleada e seca, polo que non vai ter un elevado contido en auga. O aceite de oliva é unha boa opción para macerar o hipérico, pero tamén podemos usar outro que nos conveña máis  según as propiedades do mesmo. Almacenar protexido da luz.



* A información deste blog é meramente informativa, para calqueira dúbida, consulte cun especialista.

Bibliografía

1.      F. R. Vallejo et al. Las plantas medicinales en la cultura guadinera frente a las Medicinas Tradicionales y la Fitoterapia oficial. 2009. Alicante.
2.    A. Morán et al. Descripción farmacognóstica da las plantas del Dioscórides. Universidad de Salamanca.
3.     Prashant L. Kole et al. Cosmetics potential of herbal extracts. 2005.
4. Dawamoru, R. Silvestre, comestible y creative.2012.
5.    A. L. Miller. St. John´s Wort (Hypericum perforatum): clinical effects on depression and other conditions. 1998. Dover.
6.  Peter Bongiorno and Pina LoGiudic. Hypericum for Depression. 2010.

OLEATO DE LIMÓN Citrus limon (L.)                                                                 

O limón é un deses vexetais que serve para todo. Tanto  o seu zume coma os aceites esencias da súa pel, son altamente valorados.
Así, tomar un vaso de limonada, sempre diluido en auga, co estómago baleiro, purifica o noso sangue, é bo contra a hipertensión e tranquilizante (1). É un excelente drenante do fígado, o que o converte nun composto ideal para limpar o tecido cutáneo, liberándoo de sobrecargas e contaminantes como toxinas e outros residuos (2).
Ademáis tamén ten importantes propiedades antimicrobianas, bactericidas e antioxidantes (3, 4). No apartado de MÉTODOS DE EXTRACCIÓNS, atoparedes cómo se extrae o aceite esencial de limón (neste caso denominado esencia, e non aceite esencial). A diferencia dos aceites esenciais que se extraen por destilación, a esencia da pel do limón e outros cítricos extráese mediante presión mecánica.
En canto ó macerado ou extracto de limón (non é o mesmo que esencia de limón: MÉTODOS DE EXTRACCIÓNS), faise almacenando a pel deste cítrico nun aceite vexetal. Para elo temos que separar a pel do limón (tendo coidado de retirar a parte blanca, seica da un amargor particular ó extracto). Eu estou probando a raialo como facía a miña nai para facer postres con limón raiado.


É recomendable deixar secar a cáscara un día ou dous, xa que o contido en auga que poida conter, pode favorecer o crecemento de microorganismos indesexables. Seguidamente, introdúcese o máximo de cáscara posible nun bote de vidro esterilizado:


Engadimos o aceite vexetal que desexemos para este extracto. Eu usei aceite de oliva, pero o aceite de améndoas doces tamén pode ir moi ben:


Introducir o aceite ata que caia por fora, golpeando suavemente o bote para que saian as burbullas de aire. Pechar ó vacío ata que rebose o aceite. Neste punto, envólvese o frasco nun pano e gárdase nun lugar fresco e escuro durante 40 días, axitándoo cada día.


Finalmente, filtrar o contido, cun pano de tea ou cun filtro ou colador, para xa almacenalo nun lugar fresco e escuro.
Polo seu elevado contido en vitamina C, flavonoides e outras moléculas, que son fortes antioxidantes, este óleo vai contribuir a limpar a nosa pel, a desinfectala e rexuvenecela retirando células mortas (5, 6).
Ademáis este aceite vai dar un agradable olor e pode usarse para facer xabóns ou outros productos connfase oleosa como cremas, bálsamos labiais…
Popularmente tamén se usa o limón para blanquear e fortalecer as unllas, ademáis de actuar como desinfectante no caso de ter fungos nas mesmas.
PRECAUCIÓNS: as esencias dos cítricos son fotosensibles, polo que convén evitar exposición solar despois de usalos. En calqueira caso, este oleato levará a esencia do limón moi diluida, pero inda así hai que ter precaución.

Bibliografía
      1.      L. Villar et al. Plantas medicinales del Pirineo Aragonés y demás tierras oscenses. 1992. Huesca.
   2.    D. Baudoux. Por una cosmética inteligente. Aceites esenciales y vegetales. 2014. Tomiño, Pontevedra.
     3.     Aziz et al. Characterization of antioxidant property and chemical composition of lemon (Citrus limonum L.) peel extracts. Dara Muhammed. 2016. Irak. .
      4.    Jie Sun et al. Antioxidant and antiproliferative activities of common fruits. 2002. New York.
      5.     M. Mohanapriya et al. Health and medicinal properties of lemon (Citrus limonum). 2013.
      6.    V. Calabrese. Oxidative stress and antioxidants at skin biosurface: a novel antioxidant from lemon oil capable of inhibiting oxidative damage to the skin. 1999. Italy.






No hay comentarios:

Publicar un comentario