AS ALGAS

En proceso.

ÍNDICE

     1.    Introducción

      2.    Partes da alga

       3.    Algas galegas

           3.1.        Fucus sp.
           3.2.       Laminaria sp.
 
        4.    Extracción dos principios activos


1. INTRODUCCIÓN

No noso litoral dispoñemos dunha amplia fonte de materia bioactiva, rica en propiedades que podemos usar no noso beneficio e para o noso benestar. 


É por elo que decidimos adicar este apartado ás algas, fonte de inspiración de amALGAma e pilar fundamental nos productos que producimos aquí.


Facendo un pouco de historia, aquí en Galicia non se coñece o uso das algas con fins alimenticios. Si son coñecidas as propiedades destes vexetais como fertilizantes das hortas de costa, aportando minerais, sales e outros oligoelementos á terra de cultivo. O argazo, fenómeno de acumulación de algas nas praias, era ben acollido polos labregos do tempo para enriquecer as súas leiras.


Non obstante, na actualidade esta tendencia está a cambiar, e todos sabemos os proxectos que están botando a andar para ofrecer algas secas para consumo alimenticio, así como proxectos do uso das mesmas con fins cosmetolóxicos.


Ademáis, todos coñecemos a alga wakame, moi valorada na gastronomía xaponesa, ou a alga fucus, que comeza a soarnos como anticelulítico... Neste campo, os franceses lévannos a dianteira, aproveitando este recurso, para usalo na cosmética industrial.


Por todo elo, este apartado vai tentar facilitar a identificación das algas, expoñer as propiedades que posúen, e facer unha breve descripción de cómo usalas para o coidado do noso corpo.

Esperamos que vos pareza de interese e que vos axude a saber algo máis sobre esa alfombra que non nos gusta pisar ¡cando imos bañarnos a praia!


2. ESTRUCTURA ANATÓMICA

Figura 1: Estructura das algas. O disco ou rizoide fixa a alga ó sustrato. Del, parte o estirpe, máis evidente nas laminarias, tamén chamadas Kelp ou Kombu (dereita de todo). O estirpe ramifícase no fronde baixo diferentes formas: cordóns (como é o caso de Codium sp. á esquerda de todo), láminas (como ocorre en Fucus sp. no medio da imaxe) ou en lacinias (como é o caso da laminaria).

A figura 1 amosa as diferentes partes da estructura das algas, onde se comparte unha analoxía coas plantas terrestres, pero a diferencia delas, as algas non posúen tecidos especializados. Isto quere dicir que tódalas células teñen a capacidade de absorber a luz, auga, nutrintes e realizar a fotosíntese (1).

O disco ou rizoide ten función de adhesión ó sustrato, non equivale á raíz das plantas. Non ten capacidade de absorción de nutrintes do sustrato.

O estirpe sostén a fronde, onde se atopan as partes máis especializadas da alga.  Equivale ó talo nas plantas terrestres e xunto co resto de células, ten a capacidade de absorber auga e realizar a fotosíntese.

Na fronde atópanse as ramificacións en forma de lacinias, láminas, cordóns… onde tamén se leva a cabo a fotosíntese e ademáis atópanse nos extremos apicais os conceptáculos que conteñen ás células sexuais.

Segundo o tipo de pigmento que predomina na alga, vanse diferenciar:

-       Algas verdes ou clorófitas con predominio de clorofilas como pigmento principal.
-       Algas vermellas ou rodófitas, con predominio de pigmentos vermellos ou pardo-vermellos.
-       Algas pardas ou feófitas onde o conxunto dos pigmentos lles confiren unha cor parda.

Nas nosas costas atoparemos diferentes tipos de algas pertencentes a estes 3 grupos.


3. AS ALGAS GALEGAS



Atópanse principalmente dúas especies de Fucus nas nosas praias: F. vesiculosus e F. spiralis.

Son algas pardas que se ramifican de forma dicotómica (de cada lacinia saen dúas) a partires dun rizoide anclado na rocha (1). Na figura 2, pódense observar as diferencias entre ambas especies, que radica principalmente na presenza de vesículas aeríferas no caso de F. vesiculosus.

Figura 2: Diferencias estructurais entre F. vesiculosus, á esquerda, e F. spiralis, á dereita. A imaxe da esquerda amosa claramente a presenza de pequenas bolsiñas totalmente baleiras. Soamente conteñen aire, coa única función de facer flotar á alga.


Estas algas son ricas en mucílagos altamente hidratantes. A figura 3 amosa o xel que contén o engrosamento apical dunha destas algas.
Figura 3: Xel que conteñen as algas na rexión apical das súas lacinias. Mucílago rico en polisacáridos altamente nutritivos e hidratantes.

Estas A maior parte de estudos fan referencia a F. vesiculosus, e atribúenlle diferentes propiedades que se describen a continuación.

-                     -       Rico en fucoidan: é un polisacárido entre tantos outros que posúen as algas pardas en gran cantidade. O fucoidan está descrito como anticoagulante, antioxidante, estimulante dos fibroblastos da pel (2) e tamén hai estudos in vitro que describen o fucoidan como composto antitumoral para dalgúns tipos de cangro (3).

-              -       Anticelulítico: a celulite é unha alteración no tecido adiposo de difícil control. Sen embargo, algunhas algas entre as que se atopa F. vesiculosus, parecen fomentar a lipolise e diminuír a lipoxénese, reducindo deste modo o característico relevo da pel de laranxa (2).

         -       Reducción das olleiras: baixo condicións de estrés oxidativo, prodúcense fugas sanguíneas nesta zona da epiderme facial. O fucus incrementa unha enzima que vai reducir un composto tóxico que se libera nesas fugas sanguíneas, diminuíndo así o efecto escuro das olleiras (4).

           -       Elasticidade: mellora a elasticidade da pel (5).





BIBLIOGRAFÍA
    1.    González C., García O. e Míguez L. Algas mariñas de Galicia. Bioloxía, gastronomía, industria. 1998. Edicións Xerais. Galicia.
    2.    Bedoux G., Hardouin K., Burlot A. e Bourgougnon N. Bioactive components from seaweeds: cosmetic applications and future development. 2014. Advances in botanical research.
    3.    Kwak J.Y. Fucoidan as a marine anticancer agent in preclinical development. 2013. Marine drugs.
    4.    Chavan M., Sun Y., Litchauer J. e Denis, A. Fucus extract: cosmetic treatment for under-eye dark circles. 2014. Journal of cosmetic science.
    5.    Fujimura T., Tsukahara K., Moriwaki S., Kiyahara T., Sano T. e Takema Y. Treatment of human skin with an extract of Fucus vesiculosus changes its thickness and mechanical properties. 2002. Japan. Journal of cosmetic science.

No hay comentarios:

Publicar un comentario