Benvidos

  Benvid@s e un saúdo a tod@s @s que andades por este blog.

  Pouco a pouco, iredes coñecendo que é amALGAma e amALGAma irá descubrindo con vós novas formas de facer, de probar e de experimentar!

  amALGAma nace como resultado da atracción pola artesanía, misturado cunha profesión de investigación nas ciencias da vida, e combinado todo elo co amor e admiración pola riqueza e variedade que nos ofrece a nosa rexión: GALICIA.

  Desa amalgama de productos que nos proporciona a nosa terra, ven o nome deste blog e dun proxecto que quere chegar máis alá.         

  amALGAma fala desa versatilidade, desa pluralidade que nos deixa escoller aquelo que buscamos, e que sonoramente nos susurra que amemos as algas. 

  Galicia goza de grandes tesouros para mimar a nosa persoa. Temos montes, vales e ribeiras cun verde difícil de atopar noutro lugar. Temos praias, pobos, festas e sons que seguro non hai en ningún outro sitio. E temos unha sabedoría popular, que nos fala de antigas pócemas menciñais, que xunto con outras materias primas como a cera das abellas ou a própole, e novos principios activos como os das algas, fan deste lugar un entorno ideal para coidarnos tanto por dentro como por fora. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario